Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15422

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 17, do 24 de xaneiro de 2018, cómpre efectuar as correccións que se indican a continuación.

Un. No artigo 3.15, onde di: «aproveitamento final», debe dicir: «aproveitamento final ou claras».

Dous. No artigo 8.2, onde di: «excepción feita dos arrendamentos e dereitos de superficie para xestión diferenciada», debe dicir: «excepción feita dos actos de disposición (distintos das servidumes) para xestión diferenciada».

Tres. No artigo 21 falta o número 7, que aclara a aplicación do baremo C en montes en que unha parte ten xestión pública e a outra parte xestión privada. Este número di:

«7. Para a aplicación do baremo establecido no artigo 21.2.C, letras g) a k), non se concederán puntos para redactar proxectos de ordenación sobre montes que sexan integramente de xestión pública, pero si terán dereito aos puntos que corresponda aqueles montes que tamén teñan unha xestión privada. Nestes casos, o investimento virá determinado de acordo co establecido no artigo 23.6.».

Catro. O artigo 31.2.a.1º debe dicir: «A superficie de ordenación do instrumento é igual ou maior que a superficie de ordenación concedida; en caso de ser inferior, admitirase unha tolerancia do 10 %. En ningún caso a diferenza entre as superficies de ordenación (do instrumento e concedida) modificará a contía da subvención por este concepto.».

Cinco. O artigo 31.7.b) debe dicir:

«b) De non completarse o instrumento de ordenación ou xestión forestal, admitirase unha xustificación parcial do instrumento, valorada nun 50 % da contía da subvención para este concepto, que se fará mediante a presentación en XORFOR-subvencións das capas vectoriais e planos que a continuación se indican:

1º. Capa «A1.PlanoSituacion.zip».

2º. Capa «A2.PlanoParcCatastrais.zip».

3º. Capa «A3.PlanoCualUrb.zip».

4º. Capa «B1.PlanoLimDanos.zip».

5º. Capa «B2.PlanoLimHidrograficas.zip».

6º. Capa «B3.PlanoOutrasLim.zip».

7º. Plano «A1.ImaxePlanoSituacion-AX-H/V.pdf».

8º. Plano «A2.ImaxePlanoParcCatastrais-AX-H/V.pdf».

9º. Plano «A3.ImaxePlanoCualUrb-AX-H/V.pdf».

10º. Plano «B1.ImaxePlanoLimDanos-AX-H/V.pdf».

11º. Plano «B2.ImaxePlanoLimHidrograficas-AX-H/V. pdf».

12º. Plano «B3.ImaxePlanoOutrasLim-AX-H/V.pdf».

Cada capa conterá como mínimo 4 arquivos (.shp, .shx, .dbf, .prj) que se presentarán comprimidos en formato .ZIP e deberán estar no sistema de coordenadas ETRS 1989 UTM ZONA 29 N (cod. EPSG: 25829), seguindo tanto para a súa estrutura como para a súa codificación as Instrucións para a estrutura e codificación da cartografía dos instrumentos de xestión definidos no Decreto 52/2014, dispoñible na epígrafe de axuda da aplicación de Xestión e Ordenación Forestal (XORFOR), á que se accede no seguinte enderezo: http://mediorural.xunta.gal/es/institucional/oficina_virtual/servicios_de_montes/.

Estas capas deberán ser previamente validadas no programa de Xestión e Ordenación Forestal no enderezo anteriormente mencionado.

Os planos presentaranse a unha escala entre 1:5.000 e 1:10.000, en formato A0, A1, A2, A3 ou A4, orientación horizontal H ou vertical V. Para darse por válidos incluirán os logotipos e lemas dos organismos que financian as subvencións seguindo os requisitos establecidos na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014_2020 de Galicia.».

Como consecuencia do desenvolvemento da aplicación XORFOR-Subvencións é necesario modificar a estrutura das táboas de atributos incluídas no anexo X. Para facilitar o seu uso, substitúese o devandito anexo polo que aquí se publica.

Esta corrección de erros non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

ANEXO X
Estrutura das táboas de atributos

A información xeográfica descrita no anexo XIII presentarase mediante capas en formato shape cuxas táboas de atributos se describen neste anexo. Todas as capas son de tipo poligonal.

A. Táboa de atributos da capa de parcelas catastrais.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

IdXF_Sub

texto

18

0

Código del expediente de subvención.

IDMONTE

numérico

5

0

Campo de obrigado cumprimento no caso de montes públicos, protectores ou MVMC. Obtense do Rexistro de Montes.

IDPREDIO

numérico

2

0

Código correlativo (1, 2, 3..., 99).

REFCAT

texto

14

0

Código da referencia catastral obtida da sede electrónica do Catastro.

Tipo

numérico

1

0

Tipo de propiedade segundo táboa.

SExcl

numérico

10

4

Campo de obrigado cumprimento que integra as superficies en dúbida, conflito ou litixio; enclavados; arrendamentos, cesións, dereitos de superficie, ocupacións e outros tipos de actos de disposición polos cales non se dispón do terreo, e superficies non forestais. Dato en hectáreas. En XORFOR estaría desagregado en SLitix, SEncra, SArrenda, SCesion, SDerSup, SOcupa, SOutros e SNonFor.

Sorden

numérico

10

4

Superficie de ordenación prevista, en hectáreas.

Os tipos de propiedade son os seguintes:

Tipo

Descrición

1

Monte veciñal en man común

2

Sociedade de fomento forestal inscrita no Rexistro de Sofor

3

Agrupacións de persoas propietarias non inscritas no Rexistro de Sofor

4

Persoa propietaria individual (sexa persoa física ou xurídica)

5

Monte de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo

6

Monte de socios

7

Proindivisos

8

Arrendatarios

Asociada á táboa de atributos incluirase unha táboa cuxa estrutura se presenta a continuación. Ambas estarán vinculadas polo campo REFCAT.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

IDPREDIO

numérico

2

0

Código correlativo (1, 2, 3..., 99).

REFCAT

texto

14

0

Campo identificativo de cada unha das referencias catastrais.

NIF

texto

9

0

NIF/CIF do titular.

CodTit

texto

5

0

Código para o tipo de titularidade:

«PROPI», para persoas propietarias.

«TITUL», para persoas non propietarias.

«REPRE», representante (só no caso de MVMC).

Apelido1 Titular

texto

255

0

Titular: primeiro apelido.

Apelido2 Titular

texto

255

0

Titular: segundo apelido.

Nome Titular/ Razón Social

texto

255

0

Titular: nome ou razón social.

Porcentaxe

numérico

3

2

Porcentaxe sobre a parcela catastral que corresponde ao titular.

B. Táboa de atributos da capa de danos causados por incendios forestais, organismos nocivos ou vendavais.

Shape coas superficies que presentan danos causados por incendios forestais, os organismos nocivos sinalados no número 12 do artigo 3 (lista de especies de organismos nocivos para as plantas que poidan provocar unha catástrofe) ou vendavais, durante os dous (2) últimos anos.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

Voo

Numérico

10

4

Cantidade de voo arbóreo.

Ud

Texto

254

0

Unidade de medida do voo arbóreo (utilizar a mesma para todo o monte). Área basimétrica, FCC, VCC…

Grao

Numérico

3

2

Perda de voo arbóreo durante os dous últimos anos, en porcentaxe.

CodDanos

Numérico

3

0

Axentes que causaron o dano. Segundo táboa B1.TaboaLimDanos de XORFOR.

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello.

SupAfecta

Numérico

10

4

Superficie afectada polo dano.

C. Táboa de atributos da capa de parroquias de alta actividade incendiaria.

Shape coas superficies situadas en parroquias de alta actividade incendiaria.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

CodParr

Numérico

7

0

Código da parroquia.

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello.

SupAfecta

Numérico

10

4

Superficie afectada pola PAAI.

D. Táboa de atributos da capa de zonas de medio risco e zonas de alto risco de incendio forestal.

Shape coas superficies situadas en zonas de medio risco e zonas de alto risco de incendio forestal.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello.

Zonas

Texto

3

0

Zona ZAR (zona de alto risco de incendio) ou ZMR (zona de medio risco).

SupAfecta

Numérico

10

4

Superficie afectada pola zona.

E. Táboa de atributos da capa de masas consolidadas de frondosas autóctonas.

Shape das masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas no seu rexistro que se vexan afectadas total ou parcialmente polo instrumento. No caso de masas consolidadas de frondosas autóctonas, segundo o descrito no artigo 93.1 da Lei 7/2012, que aínda non estivesen rexistradas, establecerase o perímetro da masa cuxa inscrición no rexistro se solicitará, para os efectos de comprobar a viabilidade da súa futura inscrición.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

RegMCFA

Texto

20

0

No caso de que a masa estea rexistrada, código do rexistro.

Suptotal

Numérico

10

4

Superficie total da masa consolidada de frondosas autóctonas.

Supmonte

Numérico

10

4

Superficie da masa consolidada de frondosas autóctonas no monte obxecto de ordenación.

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello.

SupAfecta

Numérico

10

4

Superficie afectada pola masa.

F. Táboa de atributos da capa de Rede Natura 2000.

Shape do ámbito de Rede Natura 2000 que afecta total ou parcialmente o ámbito do instrumento.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

CodFigura

Texto

5

0

Zona especial protección de aves ‘113’ ou zona especial de conservación ‘114’. Segundo a táboa B3.TaboaOutrasLim.

CodNome

Texto

10

0

Nome da figura do PD Rede Natura 2000. Segundo a táboa B3.TaboaOutrasLim.

Tipo

Numérico

1

0

Tipo de área: conservación ‘2’, protección ‘1’ ou uso xeral ‘3’.

SupAfecta

Numérico

10

4

Superficie afectada pola figura de protección.

G. Táboa de atributos da capa de zona de policía de áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

Shape da zona de policía de áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

CodDem

Numérico

1

0

Código de demarcación hidrográfica segundo a táboa b2.TaboaLimhiHrograficas.

CodARPSI

Texto

254

0

Código ARPSI segundo o SHP descargable do MAPAMA.

SupAfecta

Numérico

10

4

Superficie afectada polo ARPSI

H. Táboa de atributos da capa de localización de especies recollidas no Catálogo galego de especies ameazadas e no Catálogo español de especies exóticas invasoras.

Shape da localización de especies recollidas no Catálogo galego de especies ameazadas e no Catálogo español de especies exóticas invasoras.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

Catalogo

Texto

5

0

Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA) ou Catálogo español de especies exóticas invasoras (CEEEI).

CodSp

Numérico

4

0

Especies presentes destes catálogos, segundo táboas B1.TaboaLimDanos e B3.TaboaOutrasLim de XORFOR.

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello.

SupAfecta

Numérico

10

4

Superficie afectada polas especies ameazadas ou exóticas invasoras.

I. Táboa de atributos da capa de bosques produtivos.

Shape da superficie cuberta por bosques produtivos, considéranse «bosques produtivos» aquelas masas arbóreas en que se desenvolve unha selvicultura activa, constituídas por eucaliptales ou por plantacións doutras especies realizadas para seren aproveitadas cunha quenda máxima de 15 anos.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

BP

Texto

3

0

Bosque produtivo: SI/NON.

Masa

Texto

1

0

Tipo de masa forestal, coníferas (C), frondosas (F) ou mixtas (M).

CodSp

Numérico

5

0

Código que mostra a especie da masa. Consultar táboa Excel D1.TaboaEstratosInv de XORFOR.

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello.

SupAfecta

Numérico

10

4

Superficie cuberta polo bosque produtivo.

J. Táboa de atributos da capa de superficie ocupada por masas de Eucalyptus globulus fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EG1 e EG2.

No caso de montes situados fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EG1 e EG2 establecidos na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia. Shape coa superficie ocupada por masas de Eucalyptus globulus.

Enténdese que unha superficie está ocupada por esta especie se se atopa representada polo menos polo 90 % dos pés maiores ou é unha repoboación efectuada polo menos nun 90 % con esta especie.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

EG

Texto

3

0

Ámbito de aplicación dos modelos EG1 e EG2: SI/NON.

Globulus

Texto

3

0

Superficie ocupada por masas de Eucalyptus globulus: SI/NON.

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello.

SupAfecta

Numérico

10

4

Superficie afectada por Eucalyptus globulus.

K. Táboa de atributos da capa de superficie ocupada por masas de Eucalyptus nitens fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EN1 e EN2.

No caso de montes situados fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EN1 e EN2 establecidos na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia. Shape coa superficie ocupada por masas de Eucalyptus nitens.

Enténdese que unha superficie está ocupada por esta especie se se atopa representada polo menos polo 90 % dos pés maiores ou é unha repoboación efectuada polo menos nun 90 % con esta especie.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

EN

Texto

3

0

Ámbito de aplicación dos modelos EN1 e EN2: SI/NON.

Nitens

Texto

3

0

Superficie ocupada por masas de Eucalyptus nitens: SI/NON.

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello.

SupAfecta

Numérico

10

4

Superficie afectada por Eucalyptus nitens.

L. Táboa de atributos da capa de superficie con fracción de cuberta arborizada superior ao 20 %.

Shape coa superficie con fracción de cuberta arborizada superior ao 20 %.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

FCC

Numérico

3

0

Fracción de cabida cuberta arborizada, en porcentaxe.

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello.

SupAfecta

Numérico

10

4

Superficie con fracción de cabida cuberta arborizada.