Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (DSP 523/2017).

DSP Despedimento/cesamentos en xeral 523/2017

Demandante: Eduardo Javier Rodríguez Castro

Graduado social: José Nogueira Delgado

Demandados: Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Asesores Moreira Renovables, Fogasa

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 523/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Javier Rodríguez Castro contra Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Asesores Moreira Renovables e o Fogasa sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Decido.

Estimar parcialmente a demanda interposta por Eduardo Javier Rodríguez Castro contra Asesores Moreira Renovables, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 13 de xuño de 2017 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 52,60 euros diarios ou ben, á escolla do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 289,32 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Absólvese a entidade Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L. de todos os pedimentos dirixidos contra ela.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal será suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Asesores Moreira Renovables, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza