De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, relativo ao proxecto de implantación dun centro comercial colectivo no lugar do Vao (Pontevedra), promovido por Inmobiliaria Ponteno, S.L.U.
Para estes efectos, complementando a información que debe outorgarse ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:
a) Inmobiliaria Ponteno, S.L.U. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica relativa ao proxecto de implantación dun centro comercial colectivo no lugar do Vao (Pontevedra).
b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.
c) O órgano do cal pode obterse información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, terceiro andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.
e) A participación do público poderá realizarse durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán tomar vista do expediente durante o referido período e formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2018
Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo