Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo relativo ao expediente sancionador 2017129AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Intentada a notificación segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio do presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 de dita lei, notifícaselle a Chicken World, S.L. o contido do acto administrativo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 20 de febreiro de 2018

María Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2017129AL-LU.

Interesada: Chicken World, S.L.

CIF: B27365550.

Último enderezo coñecido: rúa Eijo Garay, 5, 27880 Burela.

Acto que se notifica: carta de pagamento polo importe de seiscentos euros (600 €), unha vez aplicada a redución do 40 %.

Prazo para efectuar o pagamento en período voluntario:

a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

De non realizarse o pagamento no prazo indicado, seguirase o procedemento, e unicamente resultará de aplicación a redución do 20 % por ter recoñecido a responsabilidade.