Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para o servizo de impresión e personalización de títulos universitarios oficiais, suplemento europeo ao título, títulos propios, diplomas e outros expedidos por esta universidade (expediente 300/18).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-servizos centrais Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es.

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 300/18.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de impresión e personalización de títulos universitarios oficiais, suplemento europeo ao título, títulos propios, diplomas e outros expedidos pola Universidade de Vigo.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Edificio de Xerencia, servizos centrais, Campus das Lagoas Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Prazo de execución: dous anos a partir do 1 de maio de 2018, ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior, prorrogable por dous anos máis. A prórroga formalizarase de mutuo acordo por ambas as partes antes de que remate o período de vixencia inicial do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 79823000-9-servizos de impresión e entrega.

g) CPA: N-servizos administrativos e auxiliares. 82.19.13-servizos de preparación de documentos e outros servizos especializados de oficina.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 631.055 euros.

5. Orzamento base de licitación (prezos unitarios):

• Impresión e personalización de título universitario oficial (non conxunto): 14,10 euros.

• Impresión e personalización de título universitario oficial (conxunto): 18,00 euros.

• Suplemento europeo ao título do Real decreto 1044/2003: 4,85 euros.

• Suplemento europeo ao título do Real decreto 22/2015: 5,00 euros.

• Título propio e/ou diploma: 3,90 euros.

6. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 15.776,37 euros.

• Complementaria: 5 % adicional para empresas incursas en ofertas anormais ou desproporcionadas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do licitador, segundo o establecido no artigo 74.2 do TRLCSP, e o disposto nos artigos 11.4 e 67, letra b) 1º, do número 7 do RXLCAP; neste caso, a clasificación do empresario no grupo ou subgrupo e categoría que a seguir se relaciona acreditará a súa solvencia económica e financeira e a súa solvencia técnica e profesional para contratar. Neste caso, o empresario que dispoña da clasificación pertinente poderá optar por acreditar a súa solvencia económico-financeira e a súa solvencia técnica e profesional mediante o cumprimento dos requisitos específicos de solvencia que se concretan nos números 11 e 12 desta folla resumo de características. Grupo M, subgrupo 4, categoría 2, ou ben a clasificación anterior ao Real decreto 773/2015, do 28 de agosto, equivalente.

b) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: a que se indica, respectivamente, nos números 11 e 12 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os indicados, de ser o caso, no número 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 9.4.2018.

b) Modalidade de presentación: papel; tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia. Servizos centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para o sobre C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e servizos centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario; aproximadamente 1.300 euros.

11. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27.2.2018.

Vigo, 1 de marzo de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universdiade de Vigo