Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018 pola que se modifica a Resolución do 18 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de operación, mantemento e mellora continua do Campus Multimedia (expediente 306/18).

O órgano de contratación da Universidade de Vigo, mediante Resolución reitoral do 27 de febreiro de 2018, aprobou unha rectificación de erros que afecta o importe de licitación do contrato. Así mesmo, na referida resolución reitoral acórdase publicar un anuncio rectificativo de licitación nos boletíns oficiais que correspondan para outorgarlles aos licitadores un novo prazo de presentación de ofertas. Como resultado, modifícase o anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia número 26, do 6 de febreiro de 2018, que queda da seguinte maneira:

Onde di: «4. Importe de licitación: 215.000 euros sen IVE», debe dicir: «4. Importe de licitación: 430.000 euros sen IVE».

Onde di: «5. Gasto máximo autorizado: 260.150 euros (IVE incluído)», debe dicir: «5. Gasto máximo autorizado: 520.300 euros (IVE incluído)».

Onde di: «6. Valor estimado do contrato: 322.500 euros», debe dicir: «6. Valor estimado do contrato: 645.000 euros».

Onde di: «9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) Data límite de presentación: 27.2.2018», debe dicir: «9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) Data límite de presentación: 9.4.2018».

Con data do 27 de febreiro de 2018 remitiuse ao Diario Oficial de la Unión Europea o anuncio relativo á información adicional, información sobre procedementos incompletos ou rectificativos.

Vigo, 2 de marzo de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo