Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se notifica un requirimento ditado no expediente MON-LU-0035/2017-ASV.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico-Xurídico) da Consellería do Medio Rural en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2018

Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente

Interesada

Acto que se notifica

MON-LU-0035/2017-ASV

Cecilia Alonso Seivane

Requirimento