Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14572

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión paritaria do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres, polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2018.

Visto o acordo da comisión paritaria do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres, polo que se aproban a táboas salariais para o ano 2018, subscrito entre a representación empresarial Agesef e Fegaserfu e as organizacións sindicais UGT Galicia e SN de CC.OO. de Galicia, na xuntanza que tivo lugar o 2 de febreiro de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

Esta Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon).

Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da comisión paritaria do V Convenio colectivo
autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia

Santiago de Compostela, ás 11.30 horas do día 2 de febreiro de 2018, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, que forman parte da comisión paritaria do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia.

Representación empresarial:

José Luis Varela Tabarés (Agesef)

Pedro de Diego Olavarrieta (Agesef)

Eduardo José Martínez Torrado (Agesef)

José Becerra Vázquez (Fegaserfu)

Representación social:

Serafín Álvarez Seoane (UGT-Galicia)

Pablo López Fernández (UGT-Galicia)

Eduardo Varela Muíños (SN de CC.OO. de Galicia)

Logo do debate e análise das cuestións obxecto da presente xuntanza por parte das representacións presentes nesta comisión, procede reflectir nunha acta o seguinte:

1. Apróbanse as táboas salariais do ano 2018 segundo o disposto no artigo 19 do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia, que quedan da seguinte maneira:

Táboas salariais 2018

Categorías

Bruto anual ano 2017

Incremento salarial 1,1%

Salarios

Bruto anual

Mensual
(15 pagas)

Mensual
(14 pagas)

Mensual
(12 pagas)

Xefe/a administrativo/a

21.799,77 €

239,80 €

22.039,57 €

1.469,30 €

1.574,25 €

1.836,63 €

Oficial 1ª administrativo/a

17.603,33 €

193,64 €

17.796,97 €

1.186,46 €

1.271,21 €

1.483,08 €

Oficial 2ª administrativo/a

16.590,97 €

182,50 €

16.773,47 €

1.118,23 €

1.198,11 €

1.397,79 €

Auxiliar administrativo/a

15.407,86 €

169,49 €

15.577,35 €

1.038,49 €

1.112,67 €

1.298,11 €

Funerario/a 1ª

17.603,33 €

193,64 €

17.796,97 €

1.186,46 €

1.271,21 €

1.483,08 €

Funerario/a 2ª

15.407,86 €

169,49 €

15.577,35 €

1.038,49 €

1.112,67 €

1.298,11 €

Funerario/a 3ª

14.329,31 €

157,62 €

14.486,93 €

965,80 €

1.034,78 €

1.207,24 €

Auxiliar funerario/funeraria

15.407,86 €

169,49 €

15.577,35 €

1.038,49 €

1.112,67 €

1.298,11 €

Mantemento e limpeza

14.329,31 €

157,62 €

14.486,93 €

965,80 €

1.034,78 €

1.207,24 €

Calzado

126,63 €

1,39 €

128,02 €

 

2. Os membros da comisión delegan no funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, Ignacio Bouzada Gil, a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicidade dos acordos reflectidos na presente acta ante a autoridade laboral competente.

Non tendo máis asuntos que tratar, lévantase a xuntanza ás 12.30 horas do día sinalado no encabezamento e expídese para o efecto a presente acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.