Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14601

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 48, do 8 de marzo de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 13986, suprímese o parágrafo: «Xunto coa resolución anterior, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal unha listaxe de persoas aspirantes na cal figurarán aquelas que, por teren acreditado a posesión do Celga requirido, en calquera procedemento cuxa competencia corresponda a esta dirección xeral non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención».