Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a varios propietarios da concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova II (Abegondo-A Coruña), a toma de posesión provisional dos predios de substitución da devandita zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e despois de intentada dúas veces a notificación persoal, ponse en coñecemento dos propietarios da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova II (Abegondo-A Coruña) que se relacionan no anexo, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona.

O prazo para a presentación das reclamacións por superficie comezarase a contar, para os interesados que se mencionan no anexo, a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no BOE.

«En cumprimento do disposto polo artigo 37 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, notifícolle que o director xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar, con data 1 de febreiro de 2018, a toma de posesión provisional dos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria da zona de Vizoño-Vilacova II (Abegondo-A Coruña), na cal figura vostede como propietario.

As datas para tomar posesión dos predios son as seguintes:

1. Para terreos de prado, pasteiro, labradío sen colleita e monte, o día 1 de febreiro de 2018.

2. Para os restantes terreos, no momento, en que segundo o costume, se retiren as colleitas actuais.

Importante: a data límite para a retirada do arboredo é o día 1.8.2018, e débese contar co permiso preceptivo do Servizo de Montes e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza, no caso de especies autóctonas protexidas.

No prazo de dous meses contados a partir do seguinte á recepción da presente notificación, poderá reclamar por defecto de superficie nos predios a vostede atribuídos, xuntando unha medición pericial asinada por técnico competente, sobre diferenzas de superficie superiores a unha marxe de tolerancia variable entre a medición in situ e a que conste no boletín de atribucións dos novos predios, conforme o disposto no antedito artigo 37.

As persoas propietarias das parcelas de achega deben permitir aos titulares dos novos predios o acceso a eles para proceder no prazo dos dous meses arriba sinalado, á medición destas.

Debe terse en conta que:

1. A falta de superficie dun predio non será compensada cando exista exceso de superficie no conxunto dos predios atribuídos ao mesmo propietario e esta sexa suficiente para compensar en valor de puntuación o conxunto das atribucións.

2. A falta de superficie en terreos de núcleo rural (total ou parcialmente) será compensada nesta mesma clase. No caso de non existir dispoñible terreo deste tipo e o mesmo titular ter exceso de superficie en terreos doutra clase, a compensación farase sobre os ditos terreos.

3. Non se admitirá reclamación no caso de que o predio obxecto dela coincida exactamente, na súa delimitación cartográfica, coa parcela achegada polo mesmo titular.

4. Impedir ou obstaculizar a toma de posesión é considerado unha infracción moi grave (artigo 90 da Lei 4/2015) sancionada con multa de 1.501 a 6.000 euros.

5. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a toma de posesión poderá darse, logo de apercibimento, mediante compulsión directa sobre a/s persoa/s que a impidan.

6. Os planos do acordo e as coordenadas dos marcos están accesibles en internet na páxina web da Consellería do Medio Rural no enderezo:

http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/publicacions

A Coruña, 12 de decembro de 2017

Ana Arizón Fanlo, xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias».

A Coruña, 24 de febreiro de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesados:

Baamonde Insua, José

Barros Varela, Antonio

Beade Suárez, César

Bello Agilda, María

Bello Franqueiro, Francisco

Bello Franqueiro, Josefina

Bello Franqueiro, Manuel

Bello Franqueiro, María de los Ángeles

Bello Franqueiro, María Remedios

Blanco Sánchez, Amparo

Boado Codesal, María

Botana Candal, Josefa

Cadaveira Mosquera, Ricardo

Camba Seoane, María Ángela

Candal Manteiga, Manuel

Candal Veiras, Manuela

Carro Donis, José María

Carrón López, María Ángeles

Corpel, S.A.T.

Fariña Bouzas, Adelino

Fariña Bouzas, Josefina

Fariña Fariña, Purificación

Ferreiro Moar, Jesús Manuel

García Martínez, Josefa

García Martínez, Manuel

García Martínez, Pedro

Gestal Prego, Flora

Gómez Martínez, Antonio

Gómez Mazas, Asunción

Gómez Seoane, María

Gómez Seoane, Cosme

Gómez Seoane, Manuel

González Díaz, José Manuel

González Moro Méndez, Javier

González-Moro Vela, Rafael

Ínsua Seoane, Antonio

Inversora Agroforestal, S.L.

Jesús Naveira Cañas, Manuel

Lagares Barreiro, Felisardo

Lagares Gómez, Jaime

Lagares Suárez, Elvira

Lagares Suárez, Asunción

Lagares Suárez, Aurora

Lagares Suárez, Gil

Lagares Suárez, Inés Nieves

Lagares Suárez, Isabel

Lesta López, Flora

Lesta Palla, Eliseo

Lesta Rodríguez, Shaila

López Ínsua, Manuel

López Louro, Manuel

López Manteiga, Josefa

López Rodríguez, María del Carmen

Manteiga Mosquera, Leonor

Manteiga Vázquez, María Manuela

Mantiñán Calviño, Pedro

Mantiñán Vázquez, José Antonio

Martínez Golpe, Josefina

Martínez López, Eva

Martínez Mosquera, Antonio

Martínez Mosquera, María

Martínez Naveira, Ana María

Martínez Naveira, María Luisa

Moar Álvarez, Manuel

Moar Ferreiro, María

Moar Naveira, Emiliano

Mosquera Lata, María del Carmen

Muíños Ínsua, Antonio

Naveira Brandariz, Consuelo

Naveira Martínez, Manuel

Naveira Sobrino, Jesús

Naveira Sobrino, José

Palla Martínez, Josefa

Pardo Presedo, Venancio

París López, Antonio

París López, José Manuel

Pizarroso Salamanca, María Luisa

Rego Vázquez, José Luis

Regueira Leis, José Manuel

Remeseiro López, María Antonia

Rodríguez Barros, Francisco Javier

Rosende Martínez, Manuel

S.A.T. Provison

Sabio Martínez, Dominga

Sabio Martínez, Ramón

Sánchez Pedreira, Manuel

Sánchez Rodríguez, José

Sánchez Souto, Manuel

Seoane Barros, Carmen

Seoane Botana, Antonio

Seoane Pazos, Manuel

Sobrino Orgeira, María del Carmen

Sobrino Suárez, Pilar

Souto García, Manuel

Suárez Moar, Aquilina

Suárez Varela, Felisa

Sueiro Candal, María Josefa

Ulloa Busto, Estrella

Varela Vázquez, Francisco

Vázquez Veiras, Consuelo

Vázquez Veiras, Leonardo

Veiras Ferro, Andrés Antonio

Veiras García, Luis

Veiras Vázquez, Antonio