Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4588/2017 interposto por Castromil, S.A., Empresa Monforte, S.A. e Gómez de Castro, S.A.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4538/2017 interposto por Castromil, S.A., Empresa Monforte, S.A. e Gómez de Castro, S.A., contra a Resolución do director xeral de Mobilidade do 21 de xuño de 2017, que inadmitía as revogacións das renuncias á continuación das explotacións do servizo de transporte regular de uso xeral (concesión V-7042, XG-416 entre Lugo-Lalín-Vigo con anexos, concesión V-7075, XG-449 entre Santiago-Fisterra con anexos).

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nesta mesma data.

O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda