Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14393

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 963/2015).

PO. Procedemento ordinario 963/2015

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Cristina Van de Linde Abrigo

Avogado: Evaristo Corujo Martínez

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Velatorio de Tietar, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 963/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Van de Linde Abrigo contra Velatorio de Tietar, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 963/2015, en que son parte, como demandante, María Cristina Van de Linde Abrigo, asistida polo letrado Sr. Corujo Martínez e, como demandados, Velatorio de Tietar, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por María Cristina Van de Linde Abrigo contra Velatorio de Tietar, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 1.834,05 euros en concepto de débeda salarial, co xuro do 10 % por mora, máis a cantidade de 36 euros por gastos de impagamento de cheque. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Velatorio de Tietar, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza