Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a contratación dos servizos para a impresión, edición e distribución de diverso material para a campaña do Día das Letras Galegas, polo procedemento aberto non harmonizado, con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: traballos de impresión, edición e a súa distribución de diverso material: dous xogos de carteis, acompañados de cadansúa guía didáctica, para as exposicións que se levarán a cabo no marco da campaña do Día das Letras Galegas.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia e diversos puntos de fóra de Galicia.

e) Prazo de execución: 1 mes.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPA 2008: 58.11.19 e CPV 79810000-5.

h) Clasificación: non se exixe.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non harmonizado.

c) Criterios de adxudicación: pluralidade de criterios establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o importe neto do contrato é de trinta mil euros (30.000 €), máis o IVE (21 %): seis mil trescentos euros (6.300 €). Importe total: trinta e seis mil trescentos euros (36.300 €).

5. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e solvencia técnica, segundo o disposto nas letras g) e h) da cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.

b) Domicilio: rúa San Roque, nº 2, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 19 e 881 99 63 26.

d) Fax: 881 99 61 40.

e) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=279894

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que se deberá presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Auxiliar da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Se as proposicións se envían por correo deberá xustificarse a data e hora de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, telegrama ou fax (número de fax 881 99 61 40) nese mesmo día.

2ª. Enderezo: rúa San Roque, nº 2.

3ª. Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Lingüística.

b) Enderezo: rúa San Roque, nº 2.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: os actos públicos de apertura de proposicións realizaranse no lugar, data e hora que se anunciarán no perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=279894

10. Gastos do anuncio: o importe será por conta do/da adxudicatario/a.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria