Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación administrativa especial de organización e desenvolvemento das viaxes, cursos de formación metodolóxica e lingüística e estadías de integración no Reino Unido, Irlanda, Francia, Alemaña, Portugal, Canadá e Galicia para profesorado desta consellería, elaborados de acordo co Programa integral de aprendizaxe das linguas estranxeiras (PIALE) (expediente ED-DXEFPIE-02/18 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa-Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

c) Número de expediente: ED-DXEFPIE0 02/18 SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: organización e desenvolvemento das viaxes, cursos de formación metodolóxica e lingüística e estadías de integración no Reino Unido, Irlanda, Francia, Alemaña, Portugal, Canadá e Galicia para profesorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, elaborados de acordo co Programa integral de aprendizaxe das linguas estranxeiras (PIALE).

b) División por lotes e número: si; oito (8) lotes.

c) Lugar de execución: Reino Unido, Irlanda, Francia, Alemaña, Portugal, Canadá (excepto zonas francófonas, sinaladamente Quebec) e Galicia.

d) Prazo de execución: a duración da prestación será desde a sinatura do contrato ata o remate dos cursos, actividades e entrega de documentación, que terá como prazo máximo o 30 de decembro de 2018 para os lotes 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e o 30 de setembro de 2018 para o lote 8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o valor estimado do contrato é de 1.001.300,00 euros (IVE excluído); IVE: 141.729,00 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Importe total: 1.143.029,00 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 881 99 76 35.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=284116

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de proposicións.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 50) no mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura dos sobres 2 e 3 publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa