Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, para a subministración e instalación de equipamento informático para a posta en marcha do sistema de información integrada da actividade das unidades de críticos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cofinanciada pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1 e actuación 9.7.1.1 (expediente AB-SER2-18-002, lote único).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Montaxe e Equipamento.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

5º. Telefax: 881 54 86 11.

6º. Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7º. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es.

d) Número de expediente: AB-SER2-18-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamento informático para a posta en marcha do sistema de información integrada da actividade das unidades de críticos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega da subministración: Hospital Álvaro Cunqueiro, estrada Clara Campoamor, 341, 36312 Vigo.

e) Prazo máximo de entrega: 30 días naturais desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada na pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 276.915,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 276.915,00 €.

Orzamento con IVE: 335.067,15 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9 de abril de 2018.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Admisión de ofertas conxuntas: non se admiten.

g) Outras informacións: toda información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura das proposicións: a data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante www.sergas.es.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2.3.2018.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos