Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación da contratación, polo procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, das obras de construción dun edificio de vinte e seis vivendas de promoción pública, garaxes e rochos na parcela 8-U.A.03 do PERI da Chantada, Vigo (expediente PO-2015/010).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construción dun edificio de vinte e seis (26) vivendas de promoción pública, garaxes e rochos na parcela 8-U.A.03 do PERI da Chantada, Vigo (Pontevedra).

b) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: tres millóns oitenta e catro mil novecentos trinta e dous euros con setenta céntimos (3.084.932,70 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): trescentos oito mil catrocentos noventa e tres euros con vinte e sete céntimos (308.493,27 €).

c) Importe total: tres millóns trescentos noventa e tres mil catrocentos vinte e cinco euros con noventa e sete céntimos (3.393.425,97 €)

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría 4.

b) Concreción dos requisitos de solvencia técnica ou profesional: os establecidos no PCAP.

7. Obtención de documentación.

O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) polos cales se deberá rexer a contratación poderanse recoller durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e poderanse consultar na páxina da internet www.xunta.es/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=284993 e no perfil do contratante http://igvs.xunta.es/web/igvs/350.

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro Xeral do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (criterios dependentes de xuízo de valor) e do sobre C (criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante.

10. Gasto do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo