1. Entidade adxudicadora:
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: rehabilitación de tres inmobles para 3 VPP na rúa Cerca 45, 47 e 49, Betanzos, A Coruña.
b) Prazo de execución: doce (12) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.
c) Forma: multicriterio.
4. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: seiscentos seis mil seiscentos oitenta e catro euros con sesenta e oito céntimos (606.684,68 €), IVE excluído.
b) IVE (10 %): sesenta mil seiscentos sesenta e oito euros con corenta e sete céntimos (60.668,47 €).
c) Importe total: seiscentos sesenta e sete mil trescentos cincuenta e tres euros con quince céntimos (667.353,15 €).
5. Garantías:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo C, subgrupos 4, 5, 7 e 8, categoría 3.
b) Concreción dos requisitos de solvencia técnica ou profesional: os establecidos no PCAP.
7. Obtención de documentación:
O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) polos que se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=285006 e no perfil do contratante: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/350.
8. Presentación das ofertas:
As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro Xeral do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.
9. Apertura das ofertas:
O acto público de apertura do sobre B (criterios dependentes de xuízo de valor) e do sobre C (criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.
10. Gasto do anuncio:
O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018
A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo