Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, do servizo de dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde durante a execución das obras de construción dun edificio de 26 vivendas de promoción pública, garaxes e rochos na parcela 8-U.A.03 do PERI de Chantada, Vigo (Pontevedra) (expediente PO-2015/010).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde durante a execución das obras de construción dun edificio de 26 vivendas de promoción pública, garaxes e rochos na parcela 8-U.A.03 do PERI de Chantada, Vigo (Pontevedra).

b) Prazo de execución: dous (2) anos e un (1) mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: cincuenta e tres mil setecentos setenta e oito euros con noventa e tres céntimos (53.778,93 €).

b) IVE (21 %): once mil douscentos noventa e tres euros con cincuenta e oito céntimos (11.293,58 €).

c) Importe total: sesenta e cinco mil setenta e dous euros con cincuenta e un céntimos (65.072,51 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no PCAP.

7. Obtención de documentación:

O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) polos que se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=284994, e no perfil do contratante: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro xeral do IGVS, antes das 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (núm. 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B (proposicións técnicas) e do sobre C (proposicións económicas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio:

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo