Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, das obras para a rehabilitación dun inmoble para tres vivendas de promoción pública e un local na rúa Cervantes, 14, Ourense (expediente OU-2016/CH 02).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación dun inmoble para 3 VPP e 1 local na rúa Cervantes, 14, Ourense.

b) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cincocentos noventa e un mil cincocentos cincuenta e catro euros con noventa e tres céntimos (591.554,93 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): cincuenta e nove mil cento cincuenta e cinco euros con corenta e nove céntimos (59.155,49 €).

c) Importe total: seiscentos cincuenta mil setecentos dez euros con corenta e dous céntimos (650.710,42 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría 3.

b) Concreción dos requisitos de solvencia técnica ou profesional: os establecidos no PCAP.

7. Obtención de documentación.

O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) polos que deberá rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de contratación do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina de internet: www.contratosdegalicia/resultado.jsp?N=285005 e no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350.

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro Xeral do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (criterios dependentes de xuízo de valor) e do sobre C (criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

10. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo