Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación da contratación por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obras consistente na rehabilitación dun edificio para dúas vivendas de promoción pública situado na rúa Nova 75, Betanzos (expediente C-2017/CH 06).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: rehabilitación dun edificio para 2 VPP na rúa Nova 75, Betanzos, A Coruña.

b) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: douscentos setenta mil cento trinta euros (270.130,00 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): vinte e sete mil trece euros (27.013,00 €).

c) Importe total: douscentos noventa e sete mil cento corenta e tres euros (297.143,00 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no PCAP.

c) Concreción dos requisitos de solvencia técnica ou profesional: os establecidos no PCAP.

7. Obtención de documentación:

O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de contratación do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=284999 e no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350.

8. Presentación das ofertas:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro Xeral do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B (criterios dependentes de xuízo de valor) e do sobre C (criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

10. Gasto do anuncio:

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo