Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12937

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3489/2017 PM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3489/2017 PM.

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 759/2016 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Edicto.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3489/2017 desta sección, seguido por instancia de Concello de Vigo e Mantelnor Limpiezas, S.L. contra Fogasa, Limpiezas del Noroeste, S.A., Carmen Viaño Loureiro, administración concursal de Limpiezas del Noroeste (Convenia Profesional, S.L.P.), sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que estimamos o recurso de suplicación formulado por Mantelnor Limpiezas, S.L. contra a sentenza ditada o 7.6.2017 polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, en autos nº 759/2016 sobre cantidades, seguidos por instancia de Carmen Viaño Loureiro, contra a recorrente, o Concello de Vigo, Fogasa, Limpiezas del Noroeste, S.A.U. e Convenia Profesional, S.L.P. e, con revogación da dita resolución, desestimamos a demanda reitora dos autos fronte a Mantelnor Limpiezas, S.L. e, en consecuencia, absolvémola das pretensións deducidas na súa contra, confirmamos no resto a resolución impugnada e mantemos a condena ao pagamento da cantidade de 2.999 € a Limpiezas Noroeste, S.A.U. A súa administradora concursal Convenia Profesional, S.L.P. condenámola a se ater a esta condena, e o Fondo de Garantía Salarial na forma e medida regulamentarias para o suposto de insolvencia da condenada. Mantense a absolución do Concello de Vigo.

En canto a depósito, aseguramento e custas, obsérvese o razoado.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Limpiezas del Noroeste, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza