Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade da parte dispositiva da sentenza número 620/2015, do 15 de outubro de 2015, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 15 de outubro de 2015, pronunciou a sentenza número 620/2015, ditada no procedemento ordinario nº 4356/2013, interposto por Dricar de Inversiones, S.L., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora María Jesús Gandoy Fernández, en nome e representación de Dricar de Inversiones, S.L., contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 25 de febreiro de 2013, pola que se aproba definitivamente o PXOM da Coruña, polo que se procede a anulación parcial do dito plan con relación á parcela litixiosa, así como o recoñecemento da natureza de solo urbano consolidado (SUC) ao predio descrito na demanda, ben que exclusivamente con relación aos 3.163 m2 a que se circunscribe o escrito de conclusións da parte demandante, e ordenar que se axuste a delimitación do polígono de solo urbano non consolidado POL M22 Parque da Agra, excluíndo deste a parcela descrita na demanda, exclusivamente con relación aos 3.163 m2 a que se circunscribe o escrito de conclusións da parte demandante.

Sen condena en custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2018

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo