Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12874

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 1 de marzo de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos, no ámbito da asistencia sanitaria, durante as folgas convocadas para o día 8 de marzo de 2018.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño de 1988), entre os cales se encontra a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento dos tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

Diversas organizacións sindicais convocaron unha folga xeral que afectará todas as actividades desempeñadas polos traballadores e traballadoras de empresas privadas e polos empregados e empregadas do sector público, e que se desenvolverá o 8 de marzo de 2018 nos seguintes tramos horarios, no teor das correspondentes convocatorias: entre as 00.00 e as 2.00 horas, entre as 12.00 e as 14.00 horas e entre as 19.30 e as 21.30 horas; ou ben entre as 12.00 e as 16.00 horas, nalgún caso. Así mesmo, outras organizacións formalizaron declaracións de folga para toda a xornada do 8 de marzo (das 00.00 ás 24.00 horas), mesmo abranguendo -nalgún suposto- a quenda de traballo que comece antes das 00.00 horas do día 8 de marzo e a quenda que se prolongue despois das 24.00 horas do propio día 8, polo que a determinación dos servizos esenciais contidos nesta orde se realiza atendendo ás ditas circunstancias.

Con base no que antecede,

DISPOÑO:

Artigo 1

As convocatorias de folga referidas deberanse entender condicionadas ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen na presente orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E ao propio tempo responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

Por iso mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a doentes hospitalizados/as, así como a atención urxente e permanente e o transporte sanitario, que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

I. O persoal mínimo necesario para a cobertura do 100 % da atención urxente e permanente e as emerxencias do 061.

II. No ámbito da transfusión de sangue, os servizos necesarios para o mantemento do abastecemento sanguíneo en toda a Comunidade Autónoma.

III. Nos centros e institucións sanitarias:

a) Persoal facultativo do ámbito da atención especializada ou hospitalaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias e gardas médicas.

– Quirófanos urxentes para a atención dos/das usuarios/as que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

– Salas de partos.

2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:

– Unidades de reanimación.

– Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas e unidades coronarias, de ser o caso.

– Área de diálise.

– Área de tratamentos oncolóxicos (radioterapia, hospital de día).

3. Cobertura da actividade cirúrxica dos/das pacientes, tanto hospitalizados/as como ambulatorios/as, con respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial procesos neoplásicos.

4. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir a atención urxente dos/das doentes hospitalizados/as e as altas clínicas.

5. No ámbito de consulta, así como das interconsultas dos/das pacientes hospitalizados/as que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, no criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos/das doentes oncolóxicos/as que requiran tratamento citostático e dos/das doentes desprazados/as.

6. Garantirase, así mesmo, a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiren aos/ás pacientes hospitalizados/as que, no criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables; enténdense incluídas as dos/das pacientes con neoplasias malignas.

7. Garantirase a prescrición de sangue, medicamentos e produtos sanitarios.

8. Garantirase a atención necesaria a pacientes subsidiarios/as de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

b) Persoal facultativo do ámbito da atención primaria: (persoal médico, pediatra e odontólogo):

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

2. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán a asistencia urxente ou inaprazable desa unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

c) Persoal sanitario non facultativo da atención especializada ou hospitalaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nun triplo ámbito:

– Servizos de urxencias.

– Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos/das usuarios/as que requiran intervencións cirúrxicas inaprazables.

– Salas de partos.

2. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir os coidados dos/das pacientes hospitalizados/as, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

3. No ámbito das consultas estableceranse servizos mínimos nun dobre ámbito:

– Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

– Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos/das pacientes oncolóxicos/as que requiran tratamento citostático e dos/das pacientes desprazados/as.

4. No ámbito dos servizos centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran aos/ás doentes hospitalizados/as que, no criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

5. Garantirase a dispensación de medicamentos, hemoderivados e produtos sanitarios, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

6. Unidades especiais: o número necesario para garantir o coidado dos/das pacientes, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

d) Persoal sanitario non facultativo da atención primaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

2. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán a asistencia urxente e inaprazable da unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

e) Persoal de xestión e servizos da atención especializada ou hospitalaria:

1. Urxencias: un número de efectivos que garanta a cobertura do 100 % da actividade urxente.

2. Área de hospitalización: un número de efectivos equivalente ao dos domingos ou festivos.

3. Cita previa: un número de efectivos que garanta a atención ao/á paciente que o requira, cun mínimo dun efectivo por centro e ata un máximo do 50 % dos efectivos da quenda.

4. Atención ao/á paciente: un número de efectivos que garanta a atención ao/á doente que o requira, cun mínimo dun efectivo por centro e ata un máximo do 50 % dos efectivos da quenda.

5. Servizos de mantemento: un número equivalente ao dos domingos ou festivos.

6. Servizo de lavandaría e lenzaría: un número equivalente ao dos domingos e festivos ou ata o 50 % dos efectivos da quenda.

7. Limpeza: ata o 50 % dos efectivos da quenda.

8. Hostalaría: un número mínimo igual ao dos domingos ou festivos, ou ben un 60 % dos efectivos da quenda, en función do tamaño das prestacións dependentes de hostalaría en cada centro.

9. Condutores/as: o mesmo número de efectivos que o dos domingos ou festivos cun mínimo, en todo caso, dun efectivo.

10. Servizos administrativos:

– Información: o número de profesionais necesarios para garantir a debida información aos/ás pacientes.

– Persoal: o número imprescindible para garantir a atención das incidencias e xestións derivadas da folga e, como máximo, ata o 40 % dos efectivos da quenda.

– Subministracións: o número imprescindible para garantir os pedidos urxentes e ata un máximo do 25 % dos efectivos da quenda.

– Almacén: un número imprescindible para a xestión do almacén e ata un máximo do 25 % dos efectivos da quenda.

– Contabilidade: un número imprescindible para as xestións urxentes e ata un 25 % dos efectivos da quenda.

f) Persoal de xestión e servizos da atención primaria:

1. Urxencias: un número de efectivos que garanta a cobertura do 100 % da actividade urxente.

2. En centros con catro ou menos efectivos de persoal facultativo: 1 efectivo.

– En centros con cinco ou máis efectivos de persoal facultativo: 1 efectivo por centro e, en caso de teren varios andares, un máis por andar.

g) Persoal das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC): na quenda da mañá, 2 efectivos de presenza física por EOXI; nas quendas da tarde e a noite, 2 efectivos localizados por EOXI.

h) Outras áreas de traballo ou servizos: establecerase con carácter xeral un número equivalente ao dos domingos ou festivos.

i) Persoal de empresas privadas que realizan labores de servizos contratados co Servizo Galego de Saúde: aplicaranse os criterios establecidos nos puntos anteriores para a correspondente área de actividade. No caso de que algunha empresa actúe nunha área de traballo que non se corresponda coas dos puntos anteriores, establecerase un número de efectivos equivalente ao dos domingos ou festivos.

IV. Nos servizos relativos ás tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), prestados no ámbito da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde por persoal de empresas privadas mediante contratación externa:

– Nos servizos de atención aos/ás usuarios/as, soporte á aplicación e administración de sistemas e redes: o 25 % dos efectivos de cada quenda, garantindo polo menos 1 por quenda.

– No resto de servizos de criticidade alta: un número imprescindible para a atención das incidencias urxentes, catalogadas como prioridade 1 (máxima).

V. No ámbito do transporte sanitario:

1. Unha cobertura do 100 % das unidades respecto da atención urxente prestada a través do 061.

2. O 100 % dos servizos de transporte para doentes que requiran tratamentos continuados de oncoloxía, o que inclúe a aplicación de radioterapia e diálise.

3. Para a realización de traslados inter e intrahospitalarios e doutros servizos que poderán ser demandados polos centros hospitalarios, mantendo como mínimo un vehículo, determinarase o 50 % dos recursos por quendas ou franxas horarias establecidas, que ten que incluír inescusablemente os vehículos de soporte vital avanzado asignados a cada centro.

4. No traslado para consultas externas e probas diagnósticas en pacientes ambulatorios/as, cubrirase o servizo no caso de que o/a paciente necesite padiola.

Os vehículos que resulten precisos para o mantemento dos servizos mínimos, consonte os anteriores criterios reitores, contarán coa dotación mínima de persoal establecida na normativa vixente.

Artigo 2

As empresas privadas que prestan servizos no ámbito da sanidade de Galicia deberán fixar o persoal necesario para garantir a prestación de recoñecida e inaprazable necesidade, de acordo cos criterios determinados nesta orde.

Artigo 3

A determinación do persoal necesario con base nos criterios anteriores faraa a dirección da correspondente institución e a súa fixación deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse adecuadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola dirección respectiva e notificada aos profesionais designados.

O persoal designado para a cobertura dos servizos mínimos que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

No anexo desta orde recóllese o número de presenzas mínimas acordado para cubrir as xornadas de folga no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia.

Artigo 4

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo de 1977).

Artigo 5

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 6

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos/das usuarios/as dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base, así mesmo, nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO
Provincia da Coruña
Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

Servizos sanitarios de Atención Especializada.

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

12

12

5

Área Cirúrxica

15

8

8

Área Clínica/Hospitalización

113

44

42

SS.CC.

23

16

11

Persoal de enfermaría

Urxencias

15

16

13

Área Cirúrxica

38

18

14

Área Clínica/Hospitalización

128

114

88

SS.CC.

59

23

10

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

192

120

79

Técnico/a especialista

56

30

13

Celador/a

56

48

30

Persoal administrativo

40

4

2

Mantemento

Mecánico/a

1

1

1

Electricista

1

1

1

Calefactor/a

1

1

1

Fontaneiro/a

1

1

0

Persoal informático

2

2

2

Telefonista

2

1

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

5

3

0

Pinche

44

35

0

Condutor/a

1

1

0

Lavandaría

Lavandeira/o

6

0

0

Limpeza (contratada)

68

37

7

Mantemento (contratada)

3

3

3

Arquivo (contratado)

1

1

0

Almacén (contratado)

4

2

1

Seguridade (contratada)

6

6

6

Transporte sanitario (contratado)

3

4

1

Hospital da Barbanza.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

5

3

Área Cirúrxica

7

7

7

Área Clínica/Hospitalización

3

2

2

SS.CC.

4

3

2

Persoal de enfermaría

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

4

4

3

Área Clínica/Hospitalización

9

7

4

SS.CC.

4

3

0

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

16

11

7

Técnico/a especialista

3

2

2

Celador/a

3

1

0

Persoal informática

1

1

1

Seguridade (contratada)

1

1

1

Persoal administrativo

11

4

1

Limpeza (contratada)

5

3

1

Cociña (contratada)

1

1

1

Hostalaría (contratada)

4

4

0

Mantemento e electromedicina (contratada)

2

2

2

Transporte sanitario urxente (contratado)

2

2

1

Servizos sanitarios de Atención Primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo (médicos/as, pediatras, odontólogos/as)

135

49

24

Persoal de enfermaría

98

35

21

Persoal de servizos xerais

61

20

5

Auxiliar administrativo

6

1

0

Celador/a

1

14

14

Limpeza (contratada)

7

14

0

Seguridade (contratada)

1

1

0

Transporte sanitario (contratado)

9

0

0

Estrutura Organizativa de Xestión Integrada da Coruña

Servizos sanitarios de Atención Especializada.

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

7

7

6

Área Cirúrxica

35

35

35

Área Clínica/Hospitalización

20

20

20

SS.CC.

10

10

10

Persoal de enfermaría

Urxencias

21

20

19

Área Cirúrxica

11

11

11

Área Clínica/Hospitalización

170

127

115

SS.CC.

12

7

1

Matrón/oa

5

5

4

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

195

135

95

Técnico/a especialista

25

19

11

Celador/a

46

42

32

Persoal administrativo

8

6

4

Mantemento

7

7

7

Telefonista

2

1

1

Pasador/a de ferro

16

17

0

Hostalaría

Cociñeiro/a

7

7

0

Pinche

60

60

2

Lavandaría

Lavandeiro/a

7

10

0

Persoal de informática

2

2

2

Hospital Virxe da Xunqueira-Cee.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

2

Área Cirúrxica

8

5

5

Área Clínica/Hospitalización

4

2

2

SS.CC.

4

1

1

Persoal de enfermaría

Urxencias

4

4

3

Área Cirúrxica

3

3

2

Área Clínica/Hospitalización

7

5

4

Paritorio

1

1

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

14

9

6

Técnico/a especialista

2

2

2

Persoal administrativo

3

2

1

Servizos sanitarios de Atención Primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

69

33

18

Pediatra

25

4

0

Persoal de enfermaría

65

28

17

Persoal non sanitario (servizos administrativos)

45

8

0

Celadores/as / PSX de PAC

7

15

15

Condutor PAC

2

2

2

Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ferrol

Servizos sanitarios de Atención Especializada.

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

7

6

4

Área Cirúrxica

20

12

12

Área Clínica/Hospitalización

26

9

9

SS.CC.

14

6

6

Persoal de enfermaría

Urxencias

10

10

9

Área Cirúrxica

13

4

4

Área Clínica/Hospitalización

44

31

31

SS.CC.

25

6

3

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

87

44

31

Técnico/a especialista

23

6

5

Celador/a

27

16

12

Persoal administrativo

36

5

3

Mantemento

4

4

4

Telefonista

1

1

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

2

2

0

Pinche

18

18

1

Limpador/a

2

2

0

Condutor/a

1

0

0

Lavandaría

Lavandeiro/a

5

0

0

Pasador/a de ferro

5

0

0

Servizos sanitarios de Atención Primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médicos/as de familia

40

11

0

Médicos/as PAC

0

12

11

Pediatras

14

4

0

Odontólogo/a

1

0

0

Farmacéutico/a

1

0

0

Persoal de enfermaría

46

11

0

Persoal de enfermaría (PAC)

0

12

9

Outro persoal sanitario

1

0

0

Persoal non sanitario

36

12

0

Celador/a PAC

0

9

9

Limpeza Atención Primaria

1

1

0

Empresas contratadas. Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ferrol.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Limpeza centros de saúde (contratada)

50 %

50 %

50 %

Transporte sanitario (contratado)

3

3

2

Vixilancia e seguridade (contratada) atención primaria

2

2

0

Vixilancia e seguridade (contratada) centros hospitalarios

3

3

6

Mantemento Hospital Naval (contratado)

1

1

1

Mantemento informático (contratado)

1

1

0

Dietética (contratada)

1

1

1

Hel Desk a usuarios/as de sistemas de información (contratado)

1

1

0

Arquivo (contratado)

1

1

1

Transporte dietas alimenticias (contratado)

1

1

1

Transporte de mostras clínicas (contratado)

4

0

0

Transporte de material e correspondencia (contratado)

2

0

0

Comedor PAC

0

9

0

Transporte profesionais de PAC

0

9

9

Limpeza centros hospitalarios (contratada)

29

21

2

DDD

1

0

0

Provincia de Lugo
Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo

Servizos Sanitarios de Atención Especializada.

Complexo Hospitalario de Lucus Augusti.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

10

12

8

Área Cirúrxica

30

17

16

Área Clínica/Hospitalización

43

10

10

SS.CC.

29

8

8

Matróns/oas

Matrón/oa

3

3

3

Persoal de enfermaría

Urxencias

11

11

10

Área Cirúrxica

8

8

7

Área Clínica/Hospitalización

77

55

49

SS.CC.

26

7

2

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

100

73

48

Técnico/a especialista

27

17

7

Celador/a

34

31

17

Persoal administrativo

30

7

2

Mantemento

4

4

4

Telefonista

1

1

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

5

1

0

Pinche cociña

36

27

0

Pinche lenzaría

3

3

0

Condutor/a

1

0

0

Informáticos/as

2

2

2

Seguridade (contratada)

6

5

4

Limpeza (contratada)

27

27

2

Transporte sanitario (contratado)

21

21

8

Transporte interno (contratado)

3

3

1

Informática (contratada)

6

2

0

Diétetica (contratada)

2

1

0

Arquivo (contratado)

2

1

1

Plataforma loxística (contratada)

4

1

0

Hospital Comarcal de Monforte.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

3

3

Área Cirúrxica

9

9

9

Área Clínica/Hospitalización

5

4

4

SS.CC.

5

5

5

Matróns/oas

Matrón/oa

1

1

1

Persoal de enfermaría

Urxencias

5

4

4

Área Cirúrxica

2

2

2

Área Clínica/Hospitalización

11

10

5

SS.CC./REA

8

1

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

17

14

8

Técnico/a especialista

4

4

2

Celador/a

9

5

3

Persoal administrativo

7

1

1

Mantemento

2

2

2

Telefonista

1

1

0

Hostalaría

Cociñeiro/a

1

1

0

Pinche

5

5

0

Pasador/a de ferro

2

0

0

Lavandaría

Lavandeiro/a

2

0

0

Seguridade (contratada)

1

1

1

Limpeza (contratada)

9

2

1

Transporte sanitario (contratado)

2

2

2

Arquivo (contratado)

2

1

0

Mantemento electromédico (contratado)

1

1

1

Hospital Comarcal da Costa de Burela.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

3

2

Área Cirúrxica

12

11

11

Área Clínica/Hospitalización

6

3

3

SS.CC.

6

2

2

Persoal de enfermaría

Urxencias

4

4

3

Área Cirúrxica

5

2

2

Área Clínica/Hospitalización

23

19

12

SS.CC.

3

0

0

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

26

20

10

Técnico/a especialista

6

4

2

Celador/a

8

7

3

Persoal administrativo

15

2

1

Mantemento

1

1

0

Telefonista

1

1

0

Hostalaría

Cociñeiro/a

1

1

0

Pinche

4

4

0

Condutor/a

0

0

0

Lavandaría

Lavandeiro/a

1

0

0

Seguridade (contratada)

1

1

1

Limpeza (contratada)

6

6

1

Transporte sanitario (contratado)

4

4

2

Mantemento electromédico (contratado)

1

0

0

Servizos sanitarios de Atención Primaria de Lugo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo (médicos/as, pediatras, odontólogos/as)

119

39

26

Persoal de enfermaría

102

39

26

Persoal de servizos xerais

67

14

4

Auxiliar administrativo

9

1

0

Celador/a

3

15

15

Oficios

0

0

0

Limpeza (contratada)

13

26

3

Transporte de analíticas e farmacia (contratado)

13

0

0

Provincia de Ourense
Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense

Servizos sanitarios de Atención Especializada.

Complexo Hospitalario de Ourense.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

5

Área Cirúrxica

32

8+8

8+8

Área Clínica/Hospitalización

59

13+3

12+3

SS.CC.

45

6+5

6+5

Matrón/oa

2

2

2

Fisioterapeuta

2

0

0

Persoal de enfermaría

Urxencias

10

10

9

Área Cirúrxica

33

23

22

Área Clínica/Hospitalización

64

44

21

SS.CC.

23

18

16

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

130

92

73

Técnico/a especialista

17

13

7

Celadores/as

52

40

25

Persoal administrativo

Admisión e Apoio Asistencial

29

7

2

Persoal administrativo

Persoal, Secretaría e Atención ao Paciente

3

0

0

Telefonista

2

2

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

4

4

0

Pinche

39

32

0

Condutor/a

1

0

0

Lenzaría, limpeza, servizos

6

1

0

Información e recepción

0

0

0

Informática

2

2

0

Limpeza (contratada)

37

25

3

En facultativos/as inclúense como sumandos gardas de presenza física e localizadas

Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

2

2

Área Cirúrxica

3

2

2

Área Clínica/Hospitalización

9

6

6

SS.CC.

5

3

3

Persoal de enfermaría

Urxencias

2

2

2

Área Cirúrxica

2

2

2

Área Clínica/Hospitalización

8

8

7

SS.CC.

5

2

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

16

10

6

Técnico/a especialista

3

2

2

Celador/a

8

7

3

Persoal administrativo

13

1

1

Mantemento

2

2

1

Telefonista

1

1

0

Hostalaría

Cociñeiro/a

1

1

0

Pinche

4

4

0

Lavandaría

Lavandeiro/a

2

0

0

Hospital de Verín.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

4

4

4

Área Clínica/Hospitalización

5

1

1

SS.CC.

4

0

0

Persoal de enfermaría

Urxencias

2

2

3

Área Cirúrxica

2

2

2

Área Clínica/Hospitalización

6

4

3

SS.CC.

1

0

0

Matrón/oa

1

1

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

6

6

5

Técnico/a especialista

2

2

2

Celador/a

3

2

1

Persoal administrativo

6

2

1

Servizos sanitarios de Atención Primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

113

39

24

Pediatra de Atención Primaria

16

3

0

Persoal de enfermaría

110

32

17

Outro persoal sanitario (AE)

12

0

0

Persoal de xestión e servizos: citación

78

10

0

Persoal de xestión e servizos: servizos administrativos e mantemento

13

0

0

Celador/a de PAC

0

15

15

Provincia de Pontevedra
Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

Servizos sanitarios de Atención Especializada.

Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

8

6

Área Cirúrxica

56

18

17

Área Clínica/Hospitalización

46

12

12

SS.CC.

22

4

4

Persoal enfermeiro

Urxencias

9

9

8

Área Cirúrxica

19

9

6

Área Clínica/Hospitalización

49

46

44

SS.CC.

42

20

8

Matrón/oa

2

2

2

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

99

67

51

Técnico/a especialista

17

9

7

Celador/a

43

37

20

Persoal informática

2

2

2

Persoal administrativo

66

6

3

Mantemento

6

3

2

Telefonista

2

2

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

2

2

0

Pinche

14

14

0

Condutor/a

1

0

0

Lavandaría

Lavandeiro/a

8

0

0

Mantemento Hospital Provincial (empresa externa)

1

1

1

Limpeza (empresa externa)

27

22

2

Cafetaría Hospital Montecelo (empresa externa)

5

3

0

Seguridade (empresa externa)

2

2

2

Cociña Hospital Provincial (empresa externa)

12

12

0

Loxística (empresa externa)

1

1

0

Cafetaría Hospital Provincial (empresa externa)

5

4

0

Repartición de material (plataforma loxística) (empresa externa)

3

0

0

Hospital do Salnés.

Servizos minimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

4

2

Área Cirúrxica

7

4

4

Área Clínica/Hospitalización

6

2

2

SS.CC.

4

2

2

Persoal de enfermaría

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

3

3

2

Área Clínica/Hospitalización

11

8

7

SS.CC.

0

0

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

15

12

9

Técnico/a especialista

3

3

2

Celador/a

6

6

3

Persoal administrativo

8

2

1

Mantemento (empresa externa)

1

1

Limpeza (empresa externa)

9

9

1

Atención telefónica (empresa externa)

1

1

0

Seguridade (empresa externa)

1

1

1

Cociña (empresa externa)

4

3

0

Cafetaría (empresa externa)

2

1

0

Repartición de material (plataforma loxística) (empresa externa)

1

0

0

Servizos sanitarios de Atención Primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

59

26

12

Pediatra

20

4

0

Persoal de enfermaría

61

22

11

Persoal non sanitario

51

21

9

Limpeza (empresa externa)

8

22

0

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

13

11

9

Área Cirúrxica

66

34

34

Área Clínica/Hospitalización

65

27

23

SS.CC.

27

12

10

Matrón/oa

5

5

5

Fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional

3

0

0

Persoal de enfermaría

Urxencias

18

18

13

Área Cirúrxica

53

26

23

Área Clínica/Hospitalización

126

102

87

SS. CC.

23

5

5

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliar de enfermaría

177

136

88

Técnico/a especialista

34

19

13

Celador/a

108

69

52

Persoal administrativo

39

11

3

Mantemento

5

4

3

Telefonista

2

2

2

Condutor/a

1

0

0

Informática

2

2

2

Servizos sanitarios de Atención Primaria de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Médico/a de familia

82

37

0

Pediatra

36

16

0

Médico/a de familia PAC

0

19

19

Persoal de enfermaría

Enfermeiro/a

86

34

0

Enfermeiro/a PAC

0

17

18

Técnico/a coidados aux. enfermaría

10

0

0

Persoal de xestión e servizos

Persoal de servizos xerais

43

23

0

Auxiliar administrativo/a

14

4

0

Celador/a

3

0

0

PSX-celador/a PAC

0

11

11

Telefonista

0

1

1

Condutor/a

0

2

2

EOXI de Vigo. Servizos contratados ou con concesión administrativa:

a) Mantemento:

1. Mantemento de Electromedicina.

Hospital Álvaro Cunqueiro e Hospital Nicolás Peña:

– Electrónicos: 1 efectivo na quenda da mañá e 1 na da tarde, e mais 1 localizado para os tres hospitais do complexo na quenda da noite.

Hospital Meixoeiro:

– Electrónicos: 1 efectivo na quenda da mañá.

2. Central de Abastecemento e Tratamento de Auga (C.A.T.A.).

Hospital Álvaro Cunqueiro, Hospital Meixoeiro e Hospital Nicolás Peña:

– Fontaneiros/as/calefactores/as: 1 efectivo na quenda da mañá.

3. Mantemento xeral.

Hospital Álvaro Cunqueiro e Lavandaría Hospital Meixoeiro.

– Electricistas: 1 efectivo por cada quenda.

– Calefactores/as: 1 efectivo por cada quenda.

– Mecánicos/as/condutores/as instalacións: 1 efectivo por cada quenda.

b) Hostalaría/Restauración:

Categoría

Centro

Servizo

Quenda

Servizos
mínimos

Camareiros/as

H.A.C.

Restauración

Mañá

12

Pinches

H.A.C.

Restauración

Mañá

8

Dietistas

H.A.C.

Restauración

Mañá

2

Pinches

H.A.C.

Almacén

Mañá

2

Pinches

H.A.C.

Limpeza

Mañá

5

Cociñeiros/as

H.A.C.

Restauración

Mañá

3

Pinches

H.A.C.

Preparacións

Mañá

4

Camareiros/as

H.A.C.

Restauración

Tarde

12

Pinches

H.A.C.

Restauración

Tarde

8

Dietistas

H.A.C.

Restauración

Tarde

2

Pinches

H.A.C.

Almacén

Tarde

2

Pinches

H.A.C.

Limpeza

Tarde

5

Cociñeiros/as

H.A.C.

Restauración

Tarde

3

Pinches

H.A.C.

Preparacións

Tarde

4

Camareiros/as

H. Meixoeiro

Restauración

Mañá

6

Pinches

H. Meixoeiro

Restauración

Mañá

7

Dietistas

H. Meixoeiro

Restauración

Mañá

1

Cociñeiros/as

H. Meixoeiro

Restauración

Mañá

1

Camareiros/as

H. Meixoeiro

Restauración

Tarde

6

Pinches

H. Meixoeiro

Restauración

Tarde

6

Dietistas

H. Meixoeiro

Restauración

Tarde

1

Pinches

H. Meixoeiro

Reforzo food bank

Tarde

1

Camareiros/as

H. Nicolás Peña

Restauración

Mañá

1

Pinches

H. Nicolás Peña

Reforzo repartición

Mañá

1

Camareiros/as

H. Nicolás Peña

Restauración

Tarde

1

Pinches

H. Nicolás Peña

Reforzo repartición

Tarde

1

c) Outros:

– Vixilantes de seguridade:

Hospital Álvaro Cunqueiro: 3 efectivos por cada quenda de traballo.

Hospital Meixoeiro: 2 efectivos por cada quenda de traballo.

Hospital Nicolás Peña: 1 efectivo por cada quenda de traballo.

– Condutores/as:

Transporte esterilización: 1 efectivo por cada quenda (na da noite, só ata as 1.00 horas).

Transporte externo: 1,5 efectivos na queda da mañá, 1 na da tarde e 1 localizado á noite.

Transporte de persoal: 1 efectivo na quenda da mañá.

– Peóns lavandaría e lenzaría H. Álvaro Cunqueiro: 4 efectivos na mañá e 2 na tarde.

– Lavandaría Hospital Meixoeiro 9 lavandeiros/as/pasadores/as de ferro na quenda da mañá.

– Peóns lavandaría e lenzaría H. Nicolás Peña: 1 efectivo na quenda da mañá.

Galaria.

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Noite
localización

Ourense

Medicina Nuclear.

Ourense

Facultativo/a

1

Enfermeiro/a

1

Técnico/a especialista

1

Psx/celador/a

1

Santiago

Ciclotrón

Facultativo/a

1

1

Técnico/a de laboratorio

2

2

Técnico/a de mantemento

1

1

Estrutura Administrativa (Santiago)

Persoal de administración

2

Utpr

Facultativo/a

1

Vigo

Diagnóstico por imaxe Hac

Facultativo/a

1

1

1

Enfermeiro/a

1

1

Técnico/a especialista

1

1

1

Psx/celador/a

1

1

Diagnóstico por imaxe Meixoeiro

Facultativo/a

1

1

Enfermeiro/a

1

1

Técnico/a especialista

1

1

Psx/celador/a

1

1

Diagnóstico por imaxe unidade móbil (1)

Enfermeiro/a

1

1

Técnico/a especialista

1

1

Diagnóstico por imaxe unidade móbil (2)

Enfermeiro/a

1

1

Técnico/a especialista

1

1

Estrutura Administrativa (Vigo)

Persoal de administración

1

Medicina Nuclear-Pet

Facultativo/a

1

2

1

Enfermeiro/a

2

2

1

Técnico/a especialista

1

2

Tcae

1

Psx/celador/a

1

1

Oncoloxía Radioterápica

Facultativo/a

3

1

1

Enfermeiro/a

2

1

1

Técnico/a especialista

8

7

4

Tcae

2

2

Psx/celador/a

2

1

1

Radiofísica

Facultativo/a

2

1

Técnico/a especialista

2

1

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos/Centro de Transfusión de Galicia.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Hematólogos/as

2

0

0

Médico/a Hemodoazón

9

10

0

Persoal sanitario non facultativo

Control de Calidade

1

1

0

HLA

1

1

0

Criobioloxía

1

1

0

Procesamento

1

1

1

Fraccionamento

5

5

1

Hemodoazón

13

15

0

Persoal non sanitario

Administración

7

0

0

Promoción

1

0

0

Hemodoazón

4

7

0

TOTAL

45

41

2

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Médico/a coordinador/a

6+1 (1)

6+1 (1)

3

Médico/a asistencial

Base ambulancia

10

10

10

Médico/a asistencial

Base helicóptero

2 (2)

2 (2)

0

Persoal sanitario non facultativo

Enfermeiro/a de consulta sanitaria

1

1

1

Enfermeiro/a base ambulancia

10

10

10

Enfermeiro/a base helicóptero

2 (2)

2 (2)

0

Persoal non sanitario

Tecnoloxía

1

0

0

Recursos Humanos

1

0

0

Secretarios/as

4

0

0

(1) Aos/ás 6 traballadores/as na quenda de mañá hai que sumarlle un/unha das 10.00 ás 16.00 horas. Aos/ás 6 traballadores/as na quenda de tarde hai que sumarlle un/unha das 16.00 ás 23.00 horas.

(2) Están operativos/as de orto a ocaso.

Instituto Galego de Oftalmoloxía (Ingo).

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

1

0

0

Persoal de xestión e servizos

1

0

0