Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12820

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO de modificación do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na rúa Camiño de Monelos por Acordo do Pleno, de conformidade cos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio neste diario oficial.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello www.concellodabana.gal.

Conforme o establecido polo artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial determina a suspensión de outorgamento de licenzas na área que se corresponde cos terreos delimitados nos planos de clasificación C-00 (e:1/20.000) e C-10 (e:1/5.000), e nos planos de cualificación C-U (e: 1/2.000) e C-U (e: 1/500) do documento técnico aprobado.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a data de aprobación inicial, extinguíndose, en calquera caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

A Baña, 12 de febreiro de 2018

José Andrés García Cardeso
Alcalde