Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente en relación coa Resolución do 7 de xullo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 135, do 17 de xullo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica logo de que fose devolto polo servizo de Correos, logo de intentar dúas veces a notificación.

O acto foi adoptado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do requirimento deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta secretaría xeral, sita na rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte

ANEXO

– Expediente: Resolución do 7 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listas definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2016 pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Interesado: S.R.D. Unión Club Cee.

NIF: G15151970.

Acto notificado: requirimento de documentación.

Interesado: Club Ximnasia Porriño.

NIF: G27734185.

Acto notificado: requirimento de documentación.