Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 447/2017, interposto por José Manuel González Sanmartín.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, o decreto do 3 de xaneiro de 2018 polo que se ordea a remisión do expediente e o emprazamento das persoas que puideran resultar afectadas pola resolución do recurso contencioso-administrativo P.A. 447/2017, interposto por José Manuel González Sanmartín, contra a Resolución do conselleiro de Facenda do 2 de agosto de 2017 pola que se desestiman os recursos de alzada contra a Resolución do 3 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos relacionados co terceiro exercicio do proceso selectivo, e contra os acordos do 15 e 29 de marzo de 2017 polos que se desestiman as alegacións formuladas contra a Resolución do 3 de marzo de 2017.

En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2, de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública