Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12479

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Advertido un erro na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 42, do 28 de febreiro de 2018, cómpre facer as seguintes correccións:

Un. Na páxina 12100, no cadro do anexo I, relativo a escalas e especialidades de persoal funcionario, na denominación das escalas e especialidades de profesores numerarios do subgrupo A1, códigos 2093-01 e 2093-04, onde di:

Subgrupo

Escala/especialidade

Denominación

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Dereito.

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Pesca Marítima.

Debe dicir:

Subgrupo

Escala/especialidade

Denominación

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Lexislación Marítima.

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Pesca Marítima/Bioloxía Pesqueira.

Dous. Na páxina 12101, no cadro do anexo I, relativo a escalas e especialidades de persoal funcionario, cómpre engadir a seguinte escala e especialidade:

Subgrupo

Escala/especialidade

Denominación

A2

2094-03

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Servizos ao Buque.