Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección facultativa para a reforma no Hospital da Costa (Burela) para a substitución de carpintarías exteriores, vidros e a mellora da envolvente térmica do edificio e eliminación das pontes térmicas, cofinanciada nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, PI 4.c. e OE 4.3.1 (expediente AB-SER3-18-021).

missing image file

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección facultativa para a reforma no Hospital da Costa (Burela) para a substitución de carpintarías exteriores, vidros e a mellora da envolvente térmica do edificio e eliminación das pontes térmicas, cofinanciada nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, prioridade de investimento PI 4.c. e obxectivo específico OE 4.3.1.

3. Número de expediente: AB-SER3-18-021.

4. Clasificación CPA: 71.11.33, 71.11.2. Clasificación CPV: 71.22.10.00, 71.24.00.00.

5. Valor estimado: 40.462,84 euros.

6. Orzamento total sen IVE: 40.462,84 euros.

7. Orzamento total con IVE: 48.960,04 euros.

8. Prazo de execución do proxecto: dous (2) meses. Véxase a cláusula 2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación exixida: non se exixe: véxase a cláusula 4.3 do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse as cláusulas 6.6.3.e) e 6.6.3.f) do PCAP.

c) Compromiso de medios persoais: véxanse as cláusulas 4.4 e 6.6.3.f) do PCAP.

10. Garantía provisional: non se exixe.

11. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

12. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

13. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito a regulación harmonizada).

14. Acceso aos pregos: poderanse obter o PCAP e o prego de prescricións técnicas desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no
https://www.contratosdegalicia.gal

15. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

16. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o PCAP.

17. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 6.5 do PCAP desta licitación.

18. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal

19. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos