Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de compoñentes informáticos para os centros dependentes da dita xerencia (expediente MS-EIL1-18-004).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfono: 982 29 62 29/60 57/60 47.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es (para consultas administrativas) ou soporte.informática.eoxilugo@sergas.es (para consultas técnicas).

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MS-EIL1-18-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición: subministración sucesiva de compoñentes informáticos para os centros dependentes da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos (Hospital Universitario Lucus Augusti, Hospital da Costa Burela e Hospital Comarcal de Monforte e Centros de Atención Primaria con unidades de Atención Especializada).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, ver folla de especificacións (5.1).

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: ver folla de especificacións (14).

2º. Localidade e código postal: ver folla de especificacións (14).

e) Prazo de execución/entrega: ver folla de especificacións (7).

f) Admisión de prórroga: si, ver folla de especificacións (7.1.3).

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): ver folla de especificacións (5.2).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (11).

4. Valor estimado do contrato: cincocentos setenta e oito mil catrocentos quince euros con cincuenta e nove céntimos (578.415,59 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: trescentos vinte e un trescentos corenta e un euros con noventa e nove céntimos (321.341,99 €).

b) Importe total: trescentos oitenta e oito mil oitocentos vinte e tres euros con oitenta e un céntimos (388.823,81 €).

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: si, 5 %. Ver folla de especificacións (20.2).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): ver folla de especificacións (16 e 17).

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ver folla de especificacións (19) 27.3.2018.

No caso de que ese día coincida en sábado ou día inhábil na localidade de rexistro sinalado, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver folla de especificacións (19).

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados dende a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesa de apertura dos sobres B.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero nº 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: a data e hora de realización da mesa de apertura dos sobres B publicarase no perfil do contratante www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do/dos adxudicatario/s do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): 14.2.2018.

12. Outras informacións: ver folla de especificacións (28).

Lugo, 14 de febreiro de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos