Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Josefina Rodríguez Rodríguez.

Antecedentes.

Por Resolución do 28 de febreiro de 2017, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Josefina Rodríguez Rodríguez (ABI/2015/0030).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. N. nº 70, do 23.3.2017), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 54, do 17 de marzo), na páxina web da Consellería de Facenda, e foi exposta no taboleiro de anuncios do Concello da Guarda (Pontevedra) por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 10 de febreiro de 2015, no municipio da Guarda, e que non tiña outorgado testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello da Guarda, quedando xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o catastro inmobiliario, no índice xeral informatizado de predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información acadada de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte dos bens hereditarios da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A asesoría xurídica emitiu os pertinentes informes sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Josefina Rodríguez Rodríguez, con DNI 15014450G, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

– Un terzo do dominio da vivenda situada na rúa Claudio López, nº 10, da vila da Guarda, que estrema: norte, Rafael Vicente Álvarez; sur, Jesús Rodríguez Lomba, María Teresa González Lomba e rúa Claudio López; leste, rúa Claudio López; e oeste, comunidade de propietarios. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 0689106NG1308N0002GE.

Valor catastral: 48.226,80 euros.

Non consta inscrición rexistral.

– Conta de aforro ordinario Abanca, nº 2080 0520 12 3000030385

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar no seguinte enlace: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios do Concello da Guarda.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil pola declaración de herdeira ab intestato ou a adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2018

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda