Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, do alleamento polo procedemento de poxa pública de bens inmobles situados no concello de Foz e Paradela, procedentes da antiga cámara agraria local.

Ás 11.30 horas do día 11 de abril de 2018 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, na rolda da Muralla, 71, perante a mesa presidida pola secretaria xeral técnica e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira, segunda e terceira poxa pública dos seguintes lotes de bens inmobles da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado polas ordes da Consellería de Facenda do 21 de decembro de 2017 e do 26 de xaneiro de 2018:

– Lote 1.

Rústica: labradío en Cabeceira da Cruz (actualmente rúa Fonte da Cruz, nº 1), parroquia e municipio de Foz, de 200 m2. Linda: norte, Antonio Núñez Cageao e esposa; sur, camiño de 3 m; leste, 12 m a camiño; e oeste, liña de 12 m a Francisco Martínez e Manuel Jorge Maseda Castro. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo ao predio nº 14.375, tomo 501, libro 105 e folio 88, inscrición segunda. Referencia catastral 0252003PJ4205S0001DT.

Tipo de licitación primeira poxa: 37.756,19 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 32.092,76 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 26.429,33 euros.

– Lote 2.

Edificio de planta baixa e piso que ten unha superficie total construída de 345 m2 que se asenta sobre un soar ao que lle chaman Monte da Pega parroquia de San Miguel de Paradela, concello de Paradela (Lugo), cunha superficie de 210 m2. Estrema: norte, con máis de González e González, hoxe fin do núcleo urbano; sur ou fronte, camiño, hoxe praza Fraga Iribarne; leste máis de González e González, hoxe parcela de Ángel Pallares López; oeste máis de Camilo González González e outro. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Sarria ao predio 3.599, folio 44, libro 33, tomo 397. Referencia catastral 7460010PH1376S0001AS.

Tipo de licitación primeira poxa: 37.620,38 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 31.977,32 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 26.334,27 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do lote perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade previamente na Caixa de Depósitos.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, rateados segundo os tipos dos lotes, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen os presentes alleamentos están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda
(http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Teléfonos de información: 981 54 41 51 e 981 54 58 67.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda