Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, do alleamento polo procedemento de poxa pública do inmoble da antiga Cámara Agraria Local de Mugardos.

Ás 11.30 horas do día 25 de abril de 2018 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña, na praza de Pontevedra, 22, perante a mesa presidida pola secretaria xeral técnica e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira, segunda e terceira poxa pública do seguinte ben inmoble da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado pola orde da Consellería de Facenda do 21 de decembro de 2017:

Soar no sitio de Silveiro parroquia de Franza, concello de Mugardos, dunha superficie aproximada de 1.370 m2, aínda que segundo recente medición 1.084 m2. Sobre esta parcela construiuse un edificio de planta baixa de 150 m2 aproximadamente, dedicado a almacén e oficinas. Linda o conxunto: norte, camiño dos olmos; sur, estrada de Mugardos a Cabanas; leste, Antonio Vara Carpente; oeste Ricardo Vizoso Cancela. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume no tomo 667, folio 224, libro 72, predio 5.387. Referencia catastral 2608701NJ6120N0001PG.

Tipo de licitación primeira poxa: 80.716,49 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 68.609,02 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 56.501,54 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade previamente na Caixa de Depósitos.

Correrán a cargo dos adxudicatarios os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen o presente alleamento están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion)

Teléfono de información: 981 54 41 51 e 981 54 58 67.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda