Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11927

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (DCT 699/2016).

DCT Divorcio contencioso 699/2016

Procedemento orixe: /

Sobre divorcio contencioso

Demandante: María Eugenia Sepulveda Herrera

Procuradora: Nuria Sanabria Delgado

Avogado: Javier Picallo Bua

Demandado: José Luis Álvarez Hinestroza

Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de divorcio contencioso nº 699/2016 deste xulgado de primeira instancia, seguido por instancia de María Eugenia Sepúlveda Herrera contra José Luis Álvarez Hinestroza, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolución

Estimo a demanda presentada pola procuradora Nuria Sanabria Delgado, en nome e representación de María Eugenia Sepúlveda Herrera contra José Luis Álvarez Hinestroza, en rebeldía procesual, e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 10 de agosto de 1991, en Envigado, Antioquía (Colombia), matrimonio que foi inscrito na Notaría Segunda de Envigado número 7666, con data do 15 de xaneiro de 1992, con todos os efectos legais que esa declaración comporta.

1. En concepto de pensión de alimentos, José Luis Álvarez Hinestroza deberá aboar a cantidade de 300 € mensuais (100 por cada fillo), que se actualizarán consonte o IPC anual e se ingresarán na conta que designe a nai dentro dos cinco primeiros días de cada mes.

Ademais, ambos aboarán os gastos extraordinarios por metade. Inclúense como tales, sen necesidade de seren consensuados, os gastos médicos e farmacéuticos non cubertos polo sistema público. O resto de gastos deberá ser consensuado por ambos salvo caso de urxente necesidade ou autorización xudicial previa.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Central para os efectos de que se practique a inscrición de matrimonio previa que servirá de soporte á posterior inscrición de divorcio que tamén se deberá practicar.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, que quedan advertidas de que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna a xuíza que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data indicados nela. Dou fe.

E ao estar o demandado, José Luis Álvarez Hinestroza, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza