Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 15 de novembro de 2017, ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, da zona de concentración parcelaria de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se poidan efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 9 de febreiro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

1. Destinatario: José Antonio Blanco Rodríguez.

Enderezo: lugar Filgueiras-Guillamil, 32655 Rairiz de Veiga, Ourense.

2. Destinatario: Evaristo Blanco Rodríguez.

Enderezo: lugar Filgueiras-Guillamil, 32655 Rairiz de Veiga, Ourense.

3. Destinatario: Luís Dorado Ojea.

Enderezo: r/ Ludeiro, 10, 36416 Puxeiros-Mos, Pontevedra.

4. Destinataria: María Teresa Prieto Nogueiras.

Enderezo: r/ Miguel Jiménez Reyes, 31, 3º esc., 03013 Alicante.

5. Destinataria: Aurora Pérez Fernández.

Enderezo: r/ Manolo Quirós 7, 2º B, 33213 Gijón, Asturias.

6. Destinataria: Olvido Álvarez Morgade.

Enderezo: r/ Serra Martiñá, 44, 2º D, 32005 Ourense.

7. Destinataria: María Lourdes Rodríguez Fernández.

Enderezo: c/ Siglo XX, 37A, 3º 1ª, 08041 Barcelona.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.