Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación das obras de reforma integral para a mellora da eficiencia enerxética na Residencia de Maiores Nosa Señora dos Miragres en Barbadás, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, cun máximo do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 04, denominado Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

b) Número de expediente: 1/2018.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma integral para a mellora da eficiencia enerxética na Residencia de Maiores Nosa Señora dos Miragres en Barbadás, cofinanciada con Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 04, denominado «Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores»).

b) Referencia de nomenclatura:

CPA: 41.00.3 Traballos xerais de construción de edificios residenciais (obras de nova planta, de ampliación, modificación e renovación).

43.22.12 Traballos de instalación de calefacción, ventilación e aire acondicionado.

43.29.11 Traballos de illamento.

43.32.10 Traballos de instalación de carpintaría.

43.34.20 Traballos de acristalamento.

CPV: 44115200-1 Materiais para fontanaría e calefacción.

44621200-1 Caldeiras.

45331110-0 Traballos de instalación de caldeiras.

42160000-8 Instalacións de caldeiras.

45421100-5 Traballos de instalación de portas, xanelas e elementos conexos.

45421131-1 Instalación de xanelas.

45261410-1 Traballos de illamento para tellados.

45320000-6 Traballos de illamento.

c) Lugar de execución: Ourense.

d) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 1.036.288,39 € - un millón trinta e seis mil douscentos oitenta e oito euros con trinta e nove céntimos.

IVE: 217.620,56 € - douscentos dezasete mil seiscentos vinte euros con cincuenta e seis céntimos.

Importe total: 1.253.908,95 € - un millón douscentos cincuenta e tres mil novecentos oito euros con noventa e cinco céntimos.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si. 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (45.454,55 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono:

– Información administrativa: (981) 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información técnica: (881) 99 54 15 (Guillermo Evia Pérez).

e) Fax: (981) 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=138386

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación e solvencia: ver punto 16 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 3.3 do devandito prego.

b) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O prazo terminará o vixésimo sexto día natural ás 23.59 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares; deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1º. Oficina de Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano (15781 Santiago de Compostela).

2º. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío, anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente do indicado nos parágrafos anteriores a proposta non será admitida á licitación.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura en acto público.

f) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura do sobre B efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=138386, con tres días hábiles de antelación á súa realización, así como calquera posible variación desta data.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social