Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se rectifica a Resolución do 12 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación da obra de substitución da cuberta no andar 12 e climatización de cuartos de illados no andar 12 do Complexo Hospitalario da Coruña (expediente AB-SER3-18-011).

No DOG núm. 34, do 16 de febreiro de 2018, publicouse a Resolución do 12 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da obra de substitución da cuberta no andar 12 e climatización dos cuartos de illados no andar 12 do Complexo Hospitalario da Coruña (expediente AB-SER3-18-011). Neste mesmo día publicouse no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde os pregos de cláusulas administrativas particulares desta contratación.

Advertido un erro no anuncio, acórdase rectificar no número 9 da antedita resolución:

Onde di:

«9. Requisitos especificos do contratista:

a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2, categoría 2. Véxase a cláusula 13.I da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP)»,

Debe dicir:

«9. Requisitos especificos do contratista:

a) Clasificación exixida: non procede. Véxase a cláusula 13.I da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP)».

Así mesmo, acórdase ampliar o cómputo do prazo de presentación de proposicións ata o vixésimo sexto (26º) día natural seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Permanece inalterado o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 e 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O que se fai público para xeral coñecemento e, en especial, das empresas interesadas

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos