Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación da contratación da arrendamento, con opción de compra e mantemento, dun incubador para cultivo embrionario con tecnoloxía time lapse, para a unidade de reprodución humana asistida do Hospital Clínico Universitario (expediente AB-EIS1-18-005).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 981 95 02 60.

5º. Telefax: 981 95 09 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.ctra.santiago@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIS1-18-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: arrendamento, con opción de compra e mantemento, dun incubador con microscopio de cámara rápida ou embrioscopio incorporado para realizar os cultivos embrionarios «in vitro», para a unidade de reprodución humana asistida do Hospital Clínico Universitario, pertencente a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela-A Choupana, s/n.

2º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: catro anos, computados desde a data da súa formalización.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso):

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33152000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria. Anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse pregos.

Criterios valorables de forma non automática (sobre B):

1º. Oferta técnica: 0-40 puntos.

2º. Informática: 0-5 puntos.

Criterios valorables de forma automática (sobre C):

1º. Oferta económica: 0-55 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 58.700,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 58.700,00 euros. Importe total: 71.027,00 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: si, véxanse pregos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), se é o caso: véxanse pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos:

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte á súa publicación.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

2º. Enderezo: A Choupana s/n.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido).

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: ver pregos.

11. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela