Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11600

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Celanova.

A Xunta de Goberno local, por delegación do alcalde e por acordo do 23.9.2014, aprobou con carácter inicial a modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Celanova, a cal se someteu a información pública en cumprimento do establecido nos artigo 11.1 do Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo, 86.1.a), en relación co artigo 93.4, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e, con carácter supletorio, o artigo 128 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se establece o Regulamento de planeamento urbanístico.

Emendadas as posibles deficiencias que derivaron das alegacións presentadas no período de información pública e dos informes sectoriais emitidos, e ante a existencia de modificacións que poidan supoñer un cambio substancial do documento inicialmente aprobado, a Xunta de Goberno local, por delegación do alcalde (Boletín Oficial da provincia de Ourense nº 146, do 27.6.2015) e en virtude de acordo adoptado en sesión ordinaria que tivo lugar o día 25.1.2018, abriu un novo trámite de información pública de conformidade co establecido no artigo 86.1.e) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en relación co disposto na disposición transitoria segunda, número 2, da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

O prazo de consultas e información pública será dun (1) mes a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo o expediente e o documento definitivo da modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Celanova porase de manifesto na Secretaría do Concello de Celanova, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. No dito prazo, igualmente, os interesados poderán formular as alegacións que teñan por convenientes para a defensa dos seus dereitos e intereses.

Así mesmo, faise público que, en aplicación do artigo 77.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en relación co disposto na disposición transitoria segunda, número 2, da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a Xunta de Goberno local, por delegación do alcalde (Boletín Oficial da provincial de Ourense nº 146, do 27.6.2015) e en virtude de acordo adoptado en sesión ordinaria que tivo lugar o día 25.1.2018, suspendeu o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, a duración da suspensión é dun (1) ano. As devanditas áreas afectadas pola suspensión son as seguintes: polígonos 2 e 3 do ámbito territorial do parque empresarial.

Celanova, 1 de febreiro de 2018

José Luis Ferro Iglesias
Alcalde