Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 523/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Javier Rodríguez Castro contra Auditores y Consultores de Eficencia Energética, S.L., Asesores Moreira Renovables, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:
«Resolución:
Estímase parcialmente a demanda interposta por Eduardo Javier Rodríguez Castro contra Asesores Moreira Renovables, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada polo demandado con efectos do 13 de xuño de 2017 e, en consecuencia, debo condenar e condeno o demandado a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 52,60 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 289,32 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.
A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que optase entenderase que procede a readmisión.
Absólvese a entidade Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L. de todos os pedimentos contra ela dirixidos.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela».
E, para que sirva de notificación en legal forma a Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no diario oficial correspondente.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018
A letrada da Administración de xustiza