Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 13 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2014/0200-4.

Ao non ser atopado no domicilio coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia do auto de sobresemento firme ditado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas, recaído no procedemento núm. 835/2014, polo accidente laboral do traballador Fernando Prado Bernárdez.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (9.10.2014).

• Escrito de alegacións (23.10.2014).

• Copia do auto xudicial.

Expediente: RL 2014/0200-4.

Acta núm. I362014000078768.

Empresa: Servicio Apoyo Explotación Forestal Agro Pesca, S.L.

NIF/DNI: B-94077724.

Enderezo: estrada Campañó-A Caeira, 1, 2º A, Pontevedra.

Vigo, 13 de febreiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra