Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2015/12-1, no concello de Val do Dubra.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada enlace LMT NEG-807 - LMT NEG-803, no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2015/12-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa do concello correspondente.

A Coruña, 12 de febreiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/112-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: enlace LMT NEG-807 - LMT NEG-803.

Concello: Val do Dubra.

Predio

Titularidade

Enderezo

Data de pagamentos

Hora

9

Carmen Viña Fernández

Ignorado

17.4.2018

11.45

10

Carmen Viña Fernández

Ignorado

17.4.2018

12.00

60/1

Alcira Baleato Negreira

Ignorado

12.4.2018

11.45