Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da contratación do servizo consistente na dirección de execución das obras de rehabilitación integral do edificio administrativo na rúa Benito Corbal de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-SESE 28-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=212786

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación dos servizos consistentes na dirección de execución das obras de rehabilitación integral do edificio administrativo sito no número 47 da rúa Benito Corbal de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 71221000-3. Servizos de arquitectura para edificios e dous máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 25 de outubro de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 101.825,12 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 92.568,29 euros.

Importe total: 112.007,62 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31 de xaneiro de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 1 de febreiro de 2018.

c) Contratista: Eduardo García Fortes.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 70.842,51 euros.

Importe total: 85.719,44 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza