Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato, tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de rehabilitación integral do edificio administrativo na rúa Benito Corbal de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-OBRSE 06-MP.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=208279

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de rehabilitación integral do edificio administrativo sito no número 47 da rúa Benito Corbal de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 45000000. Traballos de construción e quince máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 6 de outubro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 4.296.875,64 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 3.906.250,58 €.

Importe total: 4.726.563,20 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26 de decembro de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 18 de xaneiro de 2018.

c) Contratista: UTE: Acciona Construcción, S.A., Construcciones Ramírez, S.L. (UTE edificio Benito Corbal).

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 3.325.781,74 €.

Importe total: 4.024.195,91 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza