Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11093

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (884/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 884/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Lago Rodríguez contra a empresa Miguel Ángel Calvo Veiga, sobre ordinario, se ditou auto de rectificación de sentenza, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Parte dispositiva.

Rectifícase o erro contido na resolución da sentenza, no sentido de engadir ao final “máis os xuros do 10 % por mora respecto da cantidade que ten carácter salarial.”

Contra este auto non cabe ningún recurso salvo aquel que, conforme a lei, se poida interpor contra a resolución que se pretende aclarar.

Así, por este auto, o acorda e asina o maxistrado xuíz deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Miguel Ángel Calvo Veiga, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza