Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11089

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

EDICTO (937/2016).

Margarita Caloto Goyanes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Belén Martínez Martínez fronte a Luis Sebastián Moreno García Fraile, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza: 209/2017

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

Sentenza

Procedemento: xuízo verbal 937/2016

Obxecto: arrendamentos urbanos

Maxistrada: María de la Luz Álvarez Lagarón

Demandante: Belén Martínez Martínez

Procurador: Pedro Lanero Táboas

Letrada: Dolores Otero Rodríguez

Demandado: Luis Sebastián García Moreno Fraile

Procurador/a: sen profesional designado

Letrado/a: sen profesional designado

Fallo.

Estimo a demanda presentada por Belén Martínez Martínez contra Luis Sebastián García Moreno Fraile e condeno o demandado ao pagamento á demandante da cantidade de 2.200 euros, máis os xuros legais devindicados pola dita cantidade desde o 3 de setembro de 2016, e con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ordinario, conforme dispón o artigo 455.1 da LAC.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o dito demandado, Luis Sebastián Moreno García Fraile, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 14 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza