Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11082

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de febreiro de 2018 polo que se nomean vogais do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 8 de febreiro de 2018, adoptou, por proposta do conselleiro de Facenda, o seguinte acordo:

«En virtude do establecido no artigo 35 ter.6 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, por proposta do conselleiro de Facenda, noméanse vogais do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia Tomás Otero Ferreiro (no código do posto FC.C07.00.000.15770.010) e Ana María de Frutos Martínez (no código do posto FC.C07.00.000.15770.012)».

Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto na base quinta da Orde do 17 de novembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio