Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11081

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de febreiro de 2018 polo que se nomea presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 8 de febreiro de 2018, adoptou, por proposta do conselleiro de Facenda, o seguinte acordo:

«En virtude do establecido no artigo 35 ter.6 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, por proposta do conselleiro de Facenda, noméase presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia a Santiago Valencia Vila».

Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto na base cuarta da Orde do 17 de novembro de 2017 pola que se convoca o proceso para seleccionar o/a presidente/a do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio