Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 11010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2018 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento e a resolución de retención de pagamento en relación co expediente IG218.2016.1.204, relativo ás axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma16).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio da presente resolución ponse en coñecemento da empresa Rodeza Cocinas, S.L., en relación co expediente IG218.2016.1.204, relativo ás axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma16) (Resolución do 29 de xuño de 2016, DOG nº 132, do 13 de xullo), que con data do 15.9.2017, o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total e suspender o pagamento ata que se dite a resolución que poña fin ao procedemento de incumprimento, dos seguintes expedientes:

Nº expediente

Nome/razón social

IG219.2016.1.2356

Pena Sánchez, Pedro

IG219.2016.1.3552

Cangado Lorenzo, Pablo

IG219.2016.1.3757

Ferradas Calvo, Francisco

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.

Concédeselles un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica