Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 11012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2018 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG179.2016.1.77 e dous máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio da presente resolución notifícaselles as interesadas o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírtese as interesadas de que contra as resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución recorrida, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto as interesadas neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data de resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG179.2017.1.77

Alfacargo Shipping and Logistics, S.L.

Axudas para o programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes (Re-solve 2017) (Resolución do 29 de decembro de 2016, DOG nº 249, do 30 de decembro)

2.8.2017

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG179.2017.1.116

Julio Castro Telecomunicaciones, S.L.

Axudas para o programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes (Re-solve 2017) (Resolución do 29 de decembro de 2016, DOG nº 249, do 30 de decembro)

29.11.2017

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

I1/09.0048.3039.N.003

Conservas Delsol, S.L.

Convenio Igape-ICO-EEFF (Resolución do 7 de abril de 2009; DOG nº 73, do 17 de abril)

4.12.2017

Director xeral do Igape

Resolución de incumprimento total