Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10911

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2018.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 19, do día 26 de xaneiro de 2018, cómpre facer as seguintes correccións:

Unha. Na páxina 6032, no artigo 12 (Modificación dos proxectos de investimento), debe engadirse un punto adicional co seguinte texto: «9. En todo caso, calquera modificación, requira ou non autorización ou aprobación previa da Consellería do Medio Rural, deberá ser comunicada á Consellería do Medio Rural antes do 1 de febreiro do exercicio Feaga en que se deban xustificar os investimentos modificados».

Dúas. Na páxina 6034, no artigo 13 (Pagamento das axudas), debe engadirse un punto adicional co seguinte texto: «7. A axuda correspondente ao pagamento final pagarase unha vez que se teña confirmado que todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda, aprobada ou modificada, se teñan executado totalmente, excepto nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 del Regulamento (UE) número 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Para estes efectos, consideraranse como accións cada unha das establecidas no número 1 do artigo 33 do Regulamento delegado (UE) 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016».

Tres. Na páxina 6035, na letra b) do punto 2 do artigo 14 (Incumprimentos), onde di: «b) Cando o beneficiario non dispoña nos prazos establecidos na resolución de concesión dalgún documento exixido para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais e non presenta toda a documentación requirida no prazo de 2 meses contados a partir da data máxima de xustificación.», debe dicir: «b) Cando non se executen e xustifiquen nos prazos establecidos todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda, aprobada ou modificada, salvo nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Para estes efectos, considerarase como accións cada unha das establecidas no número 1 do artigo 33 do Regulamento delegado (UE) 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016».